Baixando ó Puxigho.

O Puxigho é un peirao do lado da ría de Cedeira.  Teño ido de nena cos veciños pero, ainda que disfrutabamos moito alí abaixo, non era o sitio que máis frecuentábamos polo mal acceso que tiña xa por aquel entón.
A última vez que estiven alí foi hai case 5 anos e, aquel día xurei que non voltaría nunca mais, tal fora o sufrimento da baixada e subida. Pero o lugar tírame moito e, con velo en foto non chega. Cada vez que vou de paseo pola Chirlateira e escoito as voces de algúns rapaces que baixan a pescar alí penso ¿Se eles baixan por qué eu non?.

Así que hoxe, deixei ó can na casa para poder chegar ó Puxigho.

Polo camiño arrecendía moi ben, era polas queirogas que espallaban o seu cheiro.

DSCF8992

O camiño estaba, no seu primeiro tramo, complicado, como o lembraba, pero cando cheguei abaixo vin, que se había cinco anos a baixada xa non era fácil, a día de hoxe pintaba aínda bastante peor.

DSCF9008

Vin que alguén fixera unha escada, pero non parecía xa moi segura. En fin, pois a agarrarse á corda máis gorda e baixar como se poda.

DSCF9009

¡E ó fin no peirao! A forma da rocha mais alta sempre me fascinou. O peirao ofrece unha paisaxe que me encanta.

DSCF9016

Estou na ría. Podo ver o porto e parte da Vila.

DSCF9019

Paseo polo peirao e vexo un furado que alguén fixo nunha das rochas. ¿Para facer un amarre?

DSCF9028

Os coios erosioanados polo mar son fermosos.

DSCF9032

DSCF9033

O caravel mariño, a herba namoradeira de San Andrés, medra directamente na rocha.

DSCF9031

Mentres paseo entre as rochas, penso que non vou deixar pasar outros 5 anos para voltar.

DSCF9041

DSCF9045

DSCF9047

DSCF9058

DSCF9059

DSCF9065

DSCF9075

DSCF9101

DSCF9105

E vai chegando a hora de marchar. Según me vou achegando á ribeira e á corda dáme a risa, pensando se poderei co meu cú para subir por alí. Non é para moitas risas, porque se na subida soltas a corda, a caída de costas pode ser moi fastidiada, pero agárrome ben e consigo subir.

DSCF9012

Non é este paseo no que mais distancia teño que percorrer, pero cando chego arriba vou suando . Antes de voltar á estrada, dou unha volta pola fraga da ribeira.

DSCF9135

E tiro unha foto cun marco bravo que puxeron nun monte e mide aproximadamente 1’30 m.

DSCF9157

Logo chego á estrada, xusto a tempo, porque comeza a chover.
Está moi ben, así non teño que regar as espinacas que sementei onte.

Advertisements

Qué me contas?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s