A Pena.

A Pena chamámosllo á punta da Chirlateira. Á pequena e fermosa península que atopamos logo de atravesar o itsmo. O itsmo atrevesámolo por aquí.

Unha vez alí, pode que moitos se sorprendan do amplo espazo que atopamos, maior do que a simple vista dende fóra da península podemos imaxinar. Ese espazo estivo hai séculos habitado. Debaixo das brañas da seguinte foto aínda se poden intuir os recintos circulares das cabanas do castro que alí houbo.

DSCF8686

Pero do castro xa falaremos noutro momento, hoxe voume centrar na paisaxe.

DSCF8707

Vemos rochas con formas curiosas feitas pola erosión.
DSCF8720

E raro será non atopar algunha lanchiña por alí.

DSCF8721

A herba na punta medra longa e moi verde, e polo medio, roseiras de caravel mariño.

DSCF8733

DSCF8734

Esa herba forma un bó colchón para descansar ó fresco.

DSCF8740

E desfrutar das vistas.

DSCF8747

DSCF8758

DSCF8765

DSCF8775

Semella que o tempo se detén mentres un observa o vó das aves mariñas, os trafegos dos pescadores, o bater do mar nas rochas…

DSCF8749

Anos atrás, había na Pena unha cabana para as ovellas que pacían libres nesos terreos. Unha tarde eu, mais ou menos no mesmo sitio que na foto anterior, levaba a compaña dunha persoa e dun libro, polo que me puxen a lelo en voz alta para desfrutalo os dous. Cando dei por rematada a lectura, decidimos que era hora de ir tirando de volta e, cando nos xiramos para marchar, vemos a todo o rebaño das ovellas moi xuntas, mirando todas elas, cara nós. ¡A saber o tempo que elas levaban alí escoitando os contos sen que  nos deramos conta!

DSCF8751

DSCF8790

DSCF8791

DSCF8796

DSCF8797

DSCF8807

DSCF8818

DSCF8819

DSCF8823

DSCF8827

DSCF8829

DSCF8847

E este conto rematou.

Advertisements

Qué me contas?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s