A minicentral de Parada.

Hoxe baixei con Pancho hacia a costa, con máis ganas de pasear polas ribeiras que de chegar á praia, así que chegamos ó mirador de Parada e, a partir dalí, dirixímonos hacia os cantís. Logo de pasear un anaco e ollar o mar fumos a tirarlle unha foto de lonxe á praia do Graxal e á Chirlateira.
Imaxe

Estando nesas, reparei dende lonxe na minicentral de Parada. Un lugar ó que me gustaba ir cando era nena pasar o tempo cos veciños.
Imaxe

Imaxe

Tentara chegar a ela o ano pasado sen éxito, pero parecía que coa limpeza dun eucaliptal próximo se podía acceder mellor, se non mesmo ata o sitio, polo menos para fotografala dende mais perto. Así que para alí nos diriximos Pancho e mais eu.
Baixamos por onde os Regos de Parada se cruzan coa estrada da costa, lugar ó que xa imos a pasear a miúdo.
No primeiro tramo fumos desfrutando da paisaxe procurando non anegar os pés nalgunha zona máis húmida do habitual debido ás copiosas choivas deste ano.Imaxe
Chegamos ata o punto onde o tivemos que deixar o ano pasado, había moita maleza, non se podía continuar seguindo o curso do regacho nin meténdose nel con botas de goma, así que nos desviamos hacia o eucaliptal para chegar mais abaixo e ver se despois podíamos voltar a seguir pola beira do río.

Imaxe
Nalgunhas zonas, polas beiras do río, hai como uns pequenos muretes de pedra e chanzos cravados.
Imaxino que poderían ser para encauzar o regato. Relacionándoo coa minicentral, ou para traballos de regadío.
Non o sei.
Imaxe

Imaxe

Chegamos a un punto moi especial para min. É un dos lugares que ficou retido nas miñas lembranzas da infancia; das primeiras lembranzas que teño, pois era eu ben pequena.
Na miña casa tiñamos un par de cabuxas. Como o meu pai saía moi cedo para ir ó mar, a miña nai era a encargada de prender as cabuxas no monte. Se ben é certo que a maioría das veces as prendía ó lado da casa, de cando en vez levábaas polo entorno dos regachos de Parada e, entón levábame con ela. Para min era unha novidade porque había que cruzar o regato e, ainda que é tan pequeno que un adulto dunha zancada o atravesa de xeito sinxelo, para min, que non tiña ríos nin grandes nin pequenos ó lado da casa, era toda unha aventura! jajaja

Imaxe

Había un camiño ancho dende o mirador ata as leiras desta zona que atravesaba o regacho, pero leva uns anos en estado selvático e non é posible pasar por alí sen un fouciño á man.

Imaxe
Seguimos camiñando pola beira do regato cando se pode, para non perder o camiño, e afastándonos un chisco cando non se pode pasar, ata chegar ás terras próximas ós restos da central que, por sorte, continuan con campo e non se encheron de toxeiras.Imaxe

Avanzamos con coidado, pois a herba está alta e non vemos por onde hai auga, ata que xa podemos albiscar os muros do que foi unha das pequenas construccións da minicentral.

Imaxe

As paredes son de pedra, pero a cara interior está recebada. Vexo que o muro da dereita está cubertísimo de toxos, o da esquerda vese mellor.
Imaxe

A de horas que pasaría aquí de pequena xogando e comendo a merenda sentada enriba dese muro!

Imaxe

Saio dalí para ver o segundo edificio máis abaixo e a caída de auga do regato.

Imaxe

Imaxe

A caseta está colgada da ribeira e non sei por onde baixaban a ela, supoño que por onde ía o tubo, pero non estou segura.

Imaxe

Esta minicentral construíuse cando aínda non chegara a enerxía eléctrica a Pantín, para suministrar de luz a un par de casas do Bieiteiro.

Imaxe
Volto a subir porque quero fotografar o que quede do tubo, pero o muro é moi alto para min. Cando era nena subiamos pola parte máis baixa, pero está agora cuberta de toxos.

Imaxe

Ó final atopo unha solución: o tripé que adoito a levar comigo para sacar fotos fáime de improvisado escalón e consigo subir.

Imaxe

E fotografar a vista que xa tiña grabada a lume na miña memoria. Horas da infancia ollando para esta paisaxe sentada enriba dese muro.

Imaxe

E imos voltando para San Xiao, xa máis relaxados e sen presa, desfrutando do paseo á beira do regato, logo de ter alcanzado o noso obxectivo.Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe
E xa case chegando á estrada atopamos un “spá” para xabaríns.

Imaxe

Imaxe

Advertisements

Qué me contas?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s