O misterioso marco.

Un día camiñando polos arredores da baixada ó Puxigho fun dar cun marco dun tamaño considerable, que xa de lonxe chamaba a atención.Imaxe

Chámolle marco sen saber realmente de que se trata, pois ainda que preguntei, ninguén me soubo dicir que facía esa pedra alí, ou máis ben, nin sequera sabían da súa existencia.

Imaxinando o que pode ser, a teoría que mais me gustaría que fose certa é que se tratase dun marco de delimitación do dominio do castro da Punta Chirlateira.
Imaxe

O “marco” mide uns 130 cm de altura, na parte que está descuberta, e está fortemente cravado no chan, de forma que non se tambalea ainda que se empurre con forza nel.

Imaxe

Non aparecen riscos nin hai restos de nada escrito no mesmo, ou polo menos eu non llos vin. Tampouco está sinalado con pintura a xeito dalgúns marcos modernos.

Imaxe

Hai uns terreos, cerca do mirador que hai no cimal da baixada á Chirlateira, que se chaman O Prado de Esteo. No seguinte mapa sinalei onde se atopa o marco que atopei no monte (certamente moi cerca da ribeira) e onde están as terras do Prado de Esteo. Se o nome desas terras ven por algún esteo que alí houbo ¿poderá ser que efectivamente este marco era un dos límites do castro e o outro esteo, era tamén un marco hacia a outra beira da Chirlateira?

Imaxe
E se non se trata diso ¿esa pedra que fai aí?
O certo é que está integrada nunha especie de murete pequeno.
Imaxe
Está nun monte próximo a eucaliptais, pero esa zona mantense a fraga, está xa moi cerca da ribeira,
Imaxe

Por esa zona de fraga e polos arredores do marco hai acumulacións extrañas de pedra, algunhas a xeito de muro, outras que parecen chanzos de escaleiras, pero non sei o que pode ser, non teño constancia de que houbera, por exemplo, algún cortello para gando ou algún tipo de construcción agrícola.

Imaxe

E para ser un marco dun monte aínda me abulta e, o que me parece mais raro é que non cheguen os eucaliptos prantados mesmo ata alí…

É entón, para min, este marco un misterio.Imaxe

Non sei se é marco, se forma parte dalgunha estructura hoxe en día derruída ou que será.
Se alguén coñece o porqué está aí ese pelouraco e ten a ben de compartilo, agradécese.

Advertisements

Qué me contas?

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s