O misterioso marco.

Un día camiñando polos arredores da baixada ó Puxigho fun dar cun marco dun tamaño considerable, que xa de lonxe chamaba a atención.Imaxe

Chámolle marco sen saber realmente de que se trata, pois ainda que preguntei, ninguén me soubo dicir que facía esa pedra alí, ou máis ben, nin sequera sabían da súa existencia.

Imaxinando o que pode ser, a teoría que mais me gustaría que fose certa é que se tratase dun marco de delimitación do dominio do castro da Punta Chirlateira.
Imaxe

O “marco” mide uns 130 cm de altura, na parte que está descuberta, e está fortemente cravado no chan, de forma que non se tambalea ainda que se empurre con forza nel.

Imaxe

Non aparecen riscos nin hai restos de nada escrito no mesmo, ou polo menos eu non llos vin. Tampouco está sinalado con pintura a xeito dalgúns marcos modernos.

Imaxe

Hai uns terreos, cerca do mirador que hai no cimal da baixada á Chirlateira, que se chaman O Prado de Esteo. No seguinte mapa sinalei onde se atopa o marco que atopei no monte (certamente moi cerca da ribeira) e onde están as terras do Prado de Esteo. Se o nome desas terras ven por algún esteo que alí houbo ¿poderá ser que efectivamente este marco era un dos límites do castro e o outro esteo, era tamén un marco hacia a outra beira da Chirlateira?

Imaxe
E se non se trata diso ¿esa pedra que fai aí?
O certo é que está integrada nunha especie de murete pequeno.
Imaxe
Está nun monte próximo a eucaliptais, pero esa zona mantense a fraga, está xa moi cerca da ribeira,
Imaxe

Por esa zona de fraga e polos arredores do marco hai acumulacións extrañas de pedra, algunhas a xeito de muro, outras que parecen chanzos de escaleiras, pero non sei o que pode ser, non teño constancia de que houbera, por exemplo, algún cortello para gando ou algún tipo de construcción agrícola.

Imaxe

E para ser un marco dun monte aínda me abulta e, o que me parece mais raro é que non cheguen os eucaliptos prantados mesmo ata alí…

É entón, para min, este marco un misterio.Imaxe

Non sei se é marco, se forma parte dalgunha estructura hoxe en día derruída ou que será.
Se alguén coñece o porqué está aí ese pelouraco e ten a ben de compartilo, agradécese.

Advertisements

O complexo acceso ó castro da Chirlateira.

Xa teño falado algunha vez de que para acceder á Pena, o que ven sendo a punta mesma da Chirlateira e onde hai un castro, hai que pasar por un itsmo e, que este non é de todo natural, pois posúe partes de recheo de pedra feito por man do home. Pero esa non foi a única manipulación feita no acceso e hoxe imos falar das demáis, pero para comezar polo principio e recoller o acceso completo comezo repasando tamén a baixada ata o itsmo, que vemos nas seguintes fotografías:
Imaxe
Imaxe

Imaxe

Nas dúas seguintes pódese apreciar o recheo no itsmo:

Imaxe

Imaxe

Logo de atravesar o itsmo veremos que o camiño continúa feito na rocha. Foi aberto a través dun enorme peñasco que cerraba o paso ata a Pena. Así vemos a entrada:

Imaxe

Imaxe

Imaxe

E seguimos o camiño atravesando a rocha:

Imaxe

Imaxe

Se mentres baixamos, ollamos para atrás, verémolo así:

Imaxe

Imaxe

Logo de atravesar ese grande peñasco e continuar camiñando, veremos que o camiño segue atravesando outra rocha mais pequena.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Logo de atravesar a segunda rocha e avanzar un pouco, chegamos a un punto no que o camiño perde forma debido ós derrubes producidos nesta zona da costa nos útlimos anos. Na seguinte foto, veremos que despois de onde se atopa o can, o paso é complicado.

Imaxe
O paso por aquí non é apto para personas con vertixe, nen sequera moi recomendable para persoas que non a teñan. Cada vez que paso por alí vexo como a cousa se complica e a última vez que fun, ainda estando acostumbrada e coñecendo ben o camiño, vino moi difícil, polo que non recomendo a ninguén que se aventure a ir só por aí. Un esvarón pode rematar nunha caída de varios metros, mellor levar compaña e teléfono móbil.
Imaxe

Logo de pasar ese punto, o camiño volta a ser livián, e continúase sen maior problema.

Imaxe

Imaxe

Xusto na última subida denantes de chegar á Pena agárdanos unha sorpresa.

Imaxe

Vemos ós nosos pés o camiño.

Imaxe

Pero se nos desplazamos hacia a dereita e subimos por unhas rochas para ver o perfil do camiño, veremos que éste, como o itsmo, tamén ten o seu recheo de pedra, imos camiñando sobre un camiño artificial.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

E xa só nos quedan uns metros para chegar ó castro.

Imaxe

Semella unha animalada de traballo este acceso tan complicado, pero pensando que non necesitan foxos nin murallas, que os cantís son a mellor defensa, e que tendo un acceso tan pequeno a través dun itsmo moi estreito o castro é doado de defender (ou iso me parece a min sen ter idea de maniobras de batalla) vemos que está nun lugar privilexiado.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

O Pasadizo

O Pasadizo é un punto da Chirlateira que tén moitos nomes: O Carreiro, que é como lle chaman por aquí; O Paso da Cabra como lle chaman outros; e para nós, os que fumos os nenos do lugar, era “O Pasadizo”. O nome non llo inventamos nós, a alguén llo escoitamos, así como tamén coñecíamos e usabamos o de “Porta da Pena”, que aparece recollido nalgún mapa do lugar. Pero “O Pasadizo” soaba demasiado ben para chamarlle doutra maneira. O nome poñía a bulir o noso maxín.

pasadizo1

pasadizo2

O Pasadizo, ou O Carreiro, é o itsmo polo que se accede á propia punta da Chirlateira e ofrece unhas vistas moi bonitas a ambos lados.

pasadizo3

chirlateira4

Asimesmo pódense observar as impresionantes paredes verticais do cantil.

chirlateira5

Pero este paso hacia A Pena da Chirlateira é máis do que aparenta a simple vista…

pasadizo6

Este paso non é de todo natural, senón que ten un recheo de pedra onde a rocha nai non alcanza o nivel necesario para facer o camiño. Este paso foi feito hai séculos polos habitantes do castro que existe na punta. E nós pasabamos por riba sen sabelo; ¡e aínda ben que non o sabiamos! O lugar xa tiña un potente magnetismo que nos atraía como as flores ás abellas e nos facía camiñar todo o tramo dende a aldea ata chegar alí fascinados pola paisaxe, se chegamos a saber do castro, ¡a ver como nos sacaban dalí!

Á altura de onde vai camiñando o Pancho, albíscanse as pedras do recheo do camiño.

chirlateira7

Na seguinte foto, as pedras con algo máis de detalle.

chirlateira8

Era, para nós, este lugar máxico. Ese nome tan evocador que nos facía bulir o maxín; ese perigo que tiña o pasar tan cerca dos cantís, o emocionante que era ir alí sen que souberan nada na casa pola que nos puidera caer (que ó final sempre caía jajaja). Era toda unha aventura chegar á mesma punta da Punta Chirlateira.

chirlateira9

pasadizo10