A garita da Burneira.

O monte Burneira, de 213 metros de altitude, establece un claro peche físico hacia o Sur da Chirlateira.

No cumio deste monte existíu unha garita (vixía, facho) que está actualmente case desparecida por completo.

Imaxe

Hoxe, os que sabemos onde está situada, pouco máis veremos que unhas pedras da base que se intúen mo medio dos matorráis do monte.

Tentada estiven varias veces de quitar o mais gordo cun fouciño, pero está nun monte privado e non me atrevín a facelo.

Imaxe

¿Para que servían ésta e outras garitas similares que están repartidas por todo o litoral?
As nosas costas foron constantemente atacadas entre os séculos IX e XIX por diversos piratas e corsarios que roubaban, mataban, apresaban xente para escravizar e, en definitiva, arrasaban con todo o que atopaban.

No 1633 o cardenal Richeleu de Francia e os gobernantes de Portugal, Italia e España enviaron persoas á costa para que buscasen o xeito de poñer fin ou polo menos tentar combater esta situación. Estableceuse entón un sistema defensivo mediante a construcción de estas garitas de vixiancia que funcionaban tanto de día como pola noite. Estas vixías ou fachos comunicábanse entre sí mediante lumes de toxos e outras leñas ou fumatas para dar alerta.

En 1670 escribía Domenico Laffi: “En el Monte Facho de Fisterra hay una torre y está hecha para encender fuego en su parte alta. Está aquí porque, de todas las naciones que navegan por el Océano, todos pasan a conocer este Cabo y muchas veces desembarcan en la Villa provocando muchos daños. Con el fuego de dicha torre se hacen señales a las villas vecinas, las cuales sucesivamente de unas a otras se pasan el aviso de peligro por lo que en una hora todo el Reino de Galicia está sobreaviso y acuaden armados hacia aquel cabo para defenderlo.”

Para imaxinarse como funcionaban estas garitas, podemos pensar na escea das almenaras do filme “Lord of The Rings”. Se ben é unha escena idealizada que transcurre nun reino fantástico, o sistema das nosas garitas ven sendo mais ou menos o mesmo.

Aínda que poucos veciños de Pantín se lembran da existencia da garita, temos tamén constancia dela nalgunha publicación, como por exemplo no “Itinerario descriptivo militar de España” do ano1866, onde podemos ler ” A 1’5k. de Pantín (con Pantín refírese á zona da Moreira, onde está a igrexa parroquial) se encuentra la torre vigía de la misma denominación, y atraviesa el estribo que forma la Punta de Pantín, del que desciende al estrecho y profundo valle de los Forcados, cuyo río se pasa en Puente Ferreiras, por uno de madera y estribos de piedra, bastante estrecho y malo.”

A vixía inmediata a esta de Pantín cara o Norte e, do outro lado da ría de Cedeira, é a garita do Eixil, que ainda conserva as paredes e parte do teito.

Imaxe

Podemos comprobar dende alí que estaba perfectamente ben comunicada coa de Pantín, aínda que hoxe en día sería algo mais dificil con tanto eucalipto.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Todas teñen un característico teito de pedra abovedado.

Imaxe

Imaxe

E dende esta garita do Eixil, comprobamos que podemos facer contacto visual coa seguinte: a garita do Vilar.

Imaxe

Da que, como sucede coa de Pantín, pouco mais queda que a memoria.

Imaxe

E van agora unhas fotos de outras garitas da zona do Ortegal, comezando coa famosa Vixía Herbeira, no alto duns enormes cantís na Serra da Capelada.

Imaxe

A garita do Limo, tamén na Capelada.

Imaxe

Imaxe

A garita da Vela, en Espasante.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

E a garita de Bares.

Imaxe

Imaxe

Bibliografía:

Itinerario descriptivo Militar de España. 1866.
Cando había mouros na costa. Lois Armada Pita.