Monte e mar. Baixamos polo carreiro da Granxa!

Hoxe meu pai foi a un monte que ten na Burneira, na zona da Granxa, e Pancho e mais eu aproveitamos para acompañalo e ver se dábamos coa baixada ó río polos cantís, ó que lle chamamos o Carreiro da Granxa.

Non foi o único que ía para o monte. No lugar de Fermil (outra das aldeas que están nas faldas do monte Burneira) deixamos a outro veciño que tamén ía para o seu.

Imaxe

As vistas dende Fermil son espectaculares. Vemos a praia de Vilarrube o os dous ríos que desembocan en cadanseu extremo. Pola banda de Pantín faino o Forcadas (chamado Ferreira no cartel que está na ponte de Vilarrube, ainda que nós lle chamamos alí Ferrerías, como o lugar, nome que lle ven polas ferrerías que efectivamente alí houbo moitos anos atrás. E chamado Alfuníl en Pantín, que lle ven polo alfolí de sal do que aínda quedan as ruínas perto da desembocadura). E pola outra banda desemboca o río das Mestas, que logo de pasar baixo a ponte medieval de Porto do Cabo e por outras mais modernas no Puntal, forma un esteiro (que dá nome a unha parroquia) antes de desembocar na ría de Cedeira.

Imaxe

Imos chegando ó monte e deixamos ó meu pai cos seus trafegos.

Imaxe

Imaxe

O Pancho e mais eu imos na procura da baixada pola Granxa, pero como recentemente se tirou madeira nesos montes e os camiños están algo descoidados, misturándose coas pistas abertas para sacar madeira, despistámonos e non atopamos o carreiro á primeira. Contentámonos de tódolos xeitos, ollando cara a praia. Temos unhas fermosas vistas ante nós.

Imaxe

Decidimos aproximarnos ós cantís para tirar unhas fotos esquivando as árbores e así, de xeito casual, fomos bater co camiño ¡Que ilusión! Non estaba alí dende que era nena, e tiña as miñas dúbidas sobre se seguiría existindo.

Imaxe

Ó comezo da baixada había uns escarabellos peludiños (tropinota hirta) aproveitando o pole dunhas margaridas silvestres.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Ollamos para a praia dende o alto do cantíl.

Imaxe

Imaxe

E comezamos a baixar polo Carreiro da Granxa.

Imaxe

Non é camiño para torpes, pero é bastante mais azoso que outras baixadas que atopamos para acceder a pesqueiros ou peiraos na Chirlateira.
É moito máis dura a subida polo monte ata a estrada que baixar este anaco de cantil (ou polo menos a min parécemo). Tiven bastante tempo certo reparo a baixar por aquí, pero non pola súa dificultade, senón porque nunha das incontables veces que baixei sendo nena, apareceu unha cobra no camiño e pilleille certo respeto ó lugar.

Imaxe

Baixei tantas veces coa miña nai! Iso era cando iamos mariscar. A praia de Vilarrube por aquel entón era de libre marisqueo, ainda non se tiña regulado como na actualidade, e calquera podía baixar á praia mariscar. As mariscadoras do lado de Pantín baixábamos ás veces polo carreiro que leva ó alfolí, pero outras veces preferiamos baixar por aquí. De tódolos xeitos había que cruzar o río, que só se pode facer (a non ser nadando ou en lancha) cando está a marea baixa, que por outro lado, é cando se vai mariscar.
Eu era ben pequena e, obviamente, para min aquilo era un xogo e non un traballo, pero gustábame levar o meu cestiño (que ademais era feito polo meu pai) e a fouciña retorcida típica que se usa para mariscar. Ainda me lembro do “toc” “toc” que facían as navallas ó bater coa fouciña cando raspetaba na area. En realidade son coquinas o que se dá na praia de Vilarrube, pero nós aquí sempre lles chamamos navallas. Ás veces tamén iamos á zona de Esteiro para coller berberechos, pero aquilo xa era con rastrelo.
Eu dáballe o meu xeito, pero a miña meta só era facer para mercar un xeado ¡como non! jajaja
As “navallas” que colliamos por aquel entón, levábanse para a casa ou se vendían a quen as comprase, que polo xeral eran os de Casa Caneiro, que as servía (e segue a facelo a día de hoxe, así como percebes, mexilóns, e outros mariscos) ós turistas.
Cando levaba a miña “lancha” (cesto) medio chea, preguntáballe á miña nai “¿Daráme para un xeado?” E ela dicíame que si. Eu deixaba o cesto alí pousadiño e marchaba bañarme nas pozas, facer buracos na area ou calquera cousa de nenos. Lembro que me gustaba moito buscar esqueletes de ourizos, que antes aparecían na praia moitísimo mais que na actualidade.

Imaxe

Logo veu a etapa na que se regularizou o tema do marisqueo, as mariscadoras fixeron cursos, obtiveron un carnet e ainda que eu xa non ía mariscar, ás veces acompañaba á miña nai e vía como agora había unhas cribas para peneirar as navallas e que caeran as mais pequenas na praia (antes descartábanas as mulleres; cando remataban de apañar, botaban un anaco escollendo nelas, pero certamente non habia unha medida mínima, senón que ía a ollo, coa chegada das cribas, ademais de coidarse o tamaño, tamén se escollían mais rápidamente).

Imaxe

Pancho recúa porque as ondas baten nas pedras e tíranlle escuma.

E hoxe, como nos cadrou a marea chea, non imos poder cruzar o río, nin sequera pasear pola beira pantinexa, así que botamos un anaco simplemente observando a paisaxe.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Buscamos unha pedra bonita para levar de lembranza e despedímonos ata a próxima vez que se nos dé de baixar, agora que xa atopamos o camiño.

Imaxe

Advertisements

A minicentral de Parada.

Hoxe baixei con Pancho hacia a costa, con máis ganas de pasear polas ribeiras que de chegar á praia, así que chegamos ó mirador de Parada e, a partir dalí, dirixímonos hacia os cantís. Logo de pasear un anaco e ollar o mar fumos a tirarlle unha foto de lonxe á praia do Graxal e á Chirlateira.
Imaxe

Estando nesas, reparei dende lonxe na minicentral de Parada. Un lugar ó que me gustaba ir cando era nena pasar o tempo cos veciños.
Imaxe

Imaxe

Tentara chegar a ela o ano pasado sen éxito, pero parecía que coa limpeza dun eucaliptal próximo se podía acceder mellor, se non mesmo ata o sitio, polo menos para fotografala dende mais perto. Así que para alí nos diriximos Pancho e mais eu.
Baixamos por onde os Regos de Parada se cruzan coa estrada da costa, lugar ó que xa imos a pasear a miúdo.
No primeiro tramo fumos desfrutando da paisaxe procurando non anegar os pés nalgunha zona máis húmida do habitual debido ás copiosas choivas deste ano.Imaxe
Chegamos ata o punto onde o tivemos que deixar o ano pasado, había moita maleza, non se podía continuar seguindo o curso do regacho nin meténdose nel con botas de goma, así que nos desviamos hacia o eucaliptal para chegar mais abaixo e ver se despois podíamos voltar a seguir pola beira do río.

Imaxe
Nalgunhas zonas, polas beiras do río, hai como uns pequenos muretes de pedra e chanzos cravados.
Imaxino que poderían ser para encauzar o regato. Relacionándoo coa minicentral, ou para traballos de regadío.
Non o sei.
Imaxe

Imaxe

Chegamos a un punto moi especial para min. É un dos lugares que ficou retido nas miñas lembranzas da infancia; das primeiras lembranzas que teño, pois era eu ben pequena.
Na miña casa tiñamos un par de cabuxas. Como o meu pai saía moi cedo para ir ó mar, a miña nai era a encargada de prender as cabuxas no monte. Se ben é certo que a maioría das veces as prendía ó lado da casa, de cando en vez levábaas polo entorno dos regachos de Parada e, entón levábame con ela. Para min era unha novidade porque había que cruzar o regato e, ainda que é tan pequeno que un adulto dunha zancada o atravesa de xeito sinxelo, para min, que non tiña ríos nin grandes nin pequenos ó lado da casa, era toda unha aventura! jajaja

Imaxe

Había un camiño ancho dende o mirador ata as leiras desta zona que atravesaba o regacho, pero leva uns anos en estado selvático e non é posible pasar por alí sen un fouciño á man.

Imaxe
Seguimos camiñando pola beira do regato cando se pode, para non perder o camiño, e afastándonos un chisco cando non se pode pasar, ata chegar ás terras próximas ós restos da central que, por sorte, continuan con campo e non se encheron de toxeiras.Imaxe

Avanzamos con coidado, pois a herba está alta e non vemos por onde hai auga, ata que xa podemos albiscar os muros do que foi unha das pequenas construccións da minicentral.

Imaxe

As paredes son de pedra, pero a cara interior está recebada. Vexo que o muro da dereita está cubertísimo de toxos, o da esquerda vese mellor.
Imaxe

A de horas que pasaría aquí de pequena xogando e comendo a merenda sentada enriba dese muro!

Imaxe

Saio dalí para ver o segundo edificio máis abaixo e a caída de auga do regato.

Imaxe

Imaxe

A caseta está colgada da ribeira e non sei por onde baixaban a ela, supoño que por onde ía o tubo, pero non estou segura.

Imaxe

Esta minicentral construíuse cando aínda non chegara a enerxía eléctrica a Pantín, para suministrar de luz a un par de casas do Bieiteiro.

Imaxe
Volto a subir porque quero fotografar o que quede do tubo, pero o muro é moi alto para min. Cando era nena subiamos pola parte máis baixa, pero está agora cuberta de toxos.

Imaxe

Ó final atopo unha solución: o tripé que adoito a levar comigo para sacar fotos fáime de improvisado escalón e consigo subir.

Imaxe

E fotografar a vista que xa tiña grabada a lume na miña memoria. Horas da infancia ollando para esta paisaxe sentada enriba dese muro.

Imaxe

E imos voltando para San Xiao, xa máis relaxados e sen presa, desfrutando do paseo á beira do regato, logo de ter alcanzado o noso obxectivo.Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe
E xa case chegando á estrada atopamos un “spá” para xabaríns.

Imaxe

Imaxe

A Pena do Taño.

A Pena do Taño non está na Chirlateira.

Coroa a aldea onde nacín e foi algo así como un parque de xogos para os nenos do lugar durante a miña infancia.

DSCF7191Estaba chea de recantos para explorar; fascinábanos principalmente a coviña do raposo.
Trepábamos pola pena como a mais rebelde das cabuxas e, de cando en vez ,mancábamos lixeiramente algunha man ou xeonllo, pero ó día seguinte volviamos a subir para o disgusto dos nosos pais, que por moito que nos berraban non conseguían impedir que voltaramos a enredar por alí.
Era a Pena do Taño ademáis, unha estupenda atalaia dende onde controlabamos toda a aldea.

DSCF7211

A rapazada dunha quinta algo mais vella que a miña, fixeran alí sendos pretroglifos en forma de estrela, que ainda a día de hoxe se poden ver; non así outros debuxos que fixeron con pinturas, desparecidos hai algúns anos, pero que aguantaron bastante tempo, e na época na que eu era nena seguían por alí.
Ós da miña quinta nunca nos deu por emular ós nosos predecesores, pero pintabamos cousiñas con cachos de tellas ou ladrillos que duraban o suficiente para demarcar territorios nas disputas entre “aborixes” e “veraneantes” durante a época estival.

Disputas que comezaban a principios do verán e remataban cando firmabamos a paz e nos faciamos amigos, pero ó ano seguinte… volta a empezar jajajaja
E dende esa fantástica atalaia, como non, tamén vixiabamos o que acontecía na Chirlateira.

DSCF7213E moitas daquelas escapadiñas furtivas que argallabamos para explorar os territorios da Chirlateira, foron maquinadas dende aquí enriba; dende o noso cuartel-atalaia da Pena do Taño.
DSCF7222

Baixando ó Puxigho.

O Puxigho é un peirao do lado da ría de Cedeira.  Teño ido de nena cos veciños pero, ainda que disfrutabamos moito alí abaixo, non era o sitio que máis frecuentábamos polo mal acceso que tiña xa por aquel entón.
A última vez que estiven alí foi hai case 5 anos e, aquel día xurei que non voltaría nunca mais, tal fora o sufrimento da baixada e subida. Pero o lugar tírame moito e, con velo en foto non chega. Cada vez que vou de paseo pola Chirlateira e escoito as voces de algúns rapaces que baixan a pescar alí penso ¿Se eles baixan por qué eu non?.

Así que hoxe, deixei ó can na casa para poder chegar ó Puxigho.

Polo camiño arrecendía moi ben, era polas queirogas que espallaban o seu cheiro.

DSCF8992

O camiño estaba, no seu primeiro tramo, complicado, como o lembraba, pero cando cheguei abaixo vin, que se había cinco anos a baixada xa non era fácil, a día de hoxe pintaba aínda bastante peor.

DSCF9008

Vin que alguén fixera unha escada, pero non parecía xa moi segura. En fin, pois a agarrarse á corda máis gorda e baixar como se poda.

DSCF9009

¡E ó fin no peirao! A forma da rocha mais alta sempre me fascinou. O peirao ofrece unha paisaxe que me encanta.

DSCF9016

Estou na ría. Podo ver o porto e parte da Vila.

DSCF9019

Paseo polo peirao e vexo un furado que alguén fixo nunha das rochas. ¿Para facer un amarre?

DSCF9028

Os coios erosioanados polo mar son fermosos.

DSCF9032

DSCF9033

O caravel mariño, a herba namoradeira de San Andrés, medra directamente na rocha.

DSCF9031

Mentres paseo entre as rochas, penso que non vou deixar pasar outros 5 anos para voltar.

DSCF9041

DSCF9045

DSCF9047

DSCF9058

DSCF9059

DSCF9065

DSCF9075

DSCF9101

DSCF9105

E vai chegando a hora de marchar. Según me vou achegando á ribeira e á corda dáme a risa, pensando se poderei co meu cú para subir por alí. Non é para moitas risas, porque se na subida soltas a corda, a caída de costas pode ser moi fastidiada, pero agárrome ben e consigo subir.

DSCF9012

Non é este paseo no que mais distancia teño que percorrer, pero cando chego arriba vou suando . Antes de voltar á estrada, dou unha volta pola fraga da ribeira.

DSCF9135

E tiro unha foto cun marco bravo que puxeron nun monte e mide aproximadamente 1’30 m.

DSCF9157

Logo chego á estrada, xusto a tempo, porque comeza a chover.
Está moi ben, así non teño que regar as espinacas que sementei onte.

De pesqueiros e penas.

Onte fun dar a voltiña con Pancho pola Chirlateira.
Atopámonos coas violetas salvaxes que adornan o camiño.

violetas

Dirixímonos hacia uns pesqueiros que hai do lado da ría de Cedeira, que son dos máis azosos, mentres polo camiño, rebulían as bolboretas que se pousaban e se erguían constantemente.
camiño_pesqueiros

Atopamos unha xoaniña nun toxo. A primeira que vimos este ano.

xoaniñaE por fin chegamos ós pesqueiros, dende onde se pode ver a entrada da ría.

entradariaA praia de Vilarrube e o faro da Robaleira.

praiavilafarorobaA capela de San Antonio do Corveiro.

sanantonioE unha auga moi clara, que deixa albiscar o que hai no fondo.
augaclaraBotamos a última ollada e subimos polo mismo camiño; aínda temos que ir visitar unha cousa antes de marchar para a casa.

pedrasriaVemos unha aberiota solitaria no camiño.

aberiota1

aberiota2E agora xa albiscamos o próximo destino neste pequeno paseo; o penedo no que xogaba cando era unha nena cos veciños. Sí, eramos algo cabras jejeje

PenedoChegamos ó pé del e boto un ollo lembrando como me gustaba xogar alí anos atrás

penedo2Busco o lugar por onde subiamos e penso no cabras que eramos xa de ben cativos porque non me resulta de todo sinxelo subir. O certo e que por aquel entón estabamos moi ben entrenados, porque a Pena do Taño (meirande que esta) preside a nosa aldea, e por suposto, tiñámola mais que explorada, e subiamos todos os días, para desesperación dos nosos pais.

Cando subo a esta, vexo que está practicamente toda cuberta de vexetación, polo que non vou a poder percorrer a parte mais alta como cando era nena.

penedo3O penedo queda agora camuflado detrás duns loureiros.

penedo4Seguimos o noso camiño e vemos a cabana das ovellas dun veciño á que tamén nos achegabamos de cativos nas nosas “exploracións”. Ás veces asomábamonos para ver se había cabras ou ovellas alí dentro e, nos últimos anos, coa cabana xa fora dese uso, para ver se foran durmir alí os corzos ou os xabaríns

cabanaovellasSeguimos o camiño que leva a un fermoso peirao do lado da ría, pero non baixamos. Aproveitamos que está o monte limpo para bordear a ribeira e subir ata a pista da Burneira sen ter que dar a volta por onde viñemos.

monteeucaliptosHai moitas árbores que nos impiden unha vista completa da ría, pero ainda se van albiscando cousas polo camiño.

faroriaDespois de pasar os eucaliptais, metémonos na fraga que medra pola ribeira.

panchofragapedras

primulas

fento

pulmonaria

fragaribeiraE cando nos enchemos de fraga, subimos hacia os eucaliptais e a estrada para voltar para a casa.

subindocarreteraE ata outra!

primaveras

O Peirao da Xebra.

O Peirao da Xebra, ven sinalado nos mapas como a praia de Graxal. Non hai moitos anos que me enterei diso, para nós sempre foi o Peirao da Xebra así que eu sigo a chamarlle así.
Cando era nena podía baixar sen moito problema. O camiño, se ben non era o máis azoso do mundo, non entrañaba demasiados perigos, pero, co paso dos anos e o desgaste da costa, aquel camiño prácticamente desapareceu, e hoxe en día baixar xa non é cousa doada.

1

Iníciase a baixada atravesando uns espiños que hai no cimal. No verán atoparemos fácilmente unha nube de insectos a rebulir.

xebra2

xebra3

Pancho, que acostuma a acompañarme nos meus paseos, non pode baixar ó peirao.

xebra4

O camiño polo que se chega á praia de coios é algo complicado, baixando polos cantís.

xebra5

Difícil baixada, pero merece a pena para poder desfrutar do peirao.

xebra6

xebra7

A pequena praia está rodeada de outos cantís.

xebra8

Se logramos chegar abaixo desfrutaremos dunha cala recollida e protexida do vento. Con temperaturas agradables coa mínima raiola de sol que se asome, incluso no inverno.

xebra9
Hai que ter coidado ó meterse na auga coas pedras do fondo.

xebra10

Cando baixaba sendo unha nena, entretíñame un bó anaco curioseando nos refugallos que o mar deita nos coios da beira, ilusionada con atopar algo que chegara de moi lonxe, e ás veces atopábao; un chisqueiro promocional dun bar estranxeiro, ou cousas así. Agora fíxome mais en cousas erosionadas polo mar que me resultan moi feitiñas, como este pedazo dunha boia.

xebra11

Lembro cando baixábamos con algún veciño que ía de pesca. Era pasar alí todo o día, coa tortilla e todo o lote.
¡E veña a desfrutar do mar!

xebra13

xebra14

xebra15

xebra16

xebra17

xebra18

xebra19

E cando se nos fai hora de voltar, só nos queda desfacer o camiño de baixada. Agarrados ás cordas penduradas polo cantíl, voltamos a subir.

xebra20

¡E ata outro día!

xebra21

O Pasadizo

O Pasadizo é un punto da Chirlateira que tén moitos nomes: O Carreiro, que é como lle chaman por aquí; O Paso da Cabra como lle chaman outros; e para nós, os que fumos os nenos do lugar, era “O Pasadizo”. O nome non llo inventamos nós, a alguén llo escoitamos, así como tamén coñecíamos e usabamos o de “Porta da Pena”, que aparece recollido nalgún mapa do lugar. Pero “O Pasadizo” soaba demasiado ben para chamarlle doutra maneira. O nome poñía a bulir o noso maxín.

pasadizo1

pasadizo2

O Pasadizo, ou O Carreiro, é o itsmo polo que se accede á propia punta da Chirlateira e ofrece unhas vistas moi bonitas a ambos lados.

pasadizo3

chirlateira4

Asimesmo pódense observar as impresionantes paredes verticais do cantil.

chirlateira5

Pero este paso hacia A Pena da Chirlateira é máis do que aparenta a simple vista…

pasadizo6

Este paso non é de todo natural, senón que ten un recheo de pedra onde a rocha nai non alcanza o nivel necesario para facer o camiño. Este paso foi feito hai séculos polos habitantes do castro que existe na punta. E nós pasabamos por riba sen sabelo; ¡e aínda ben que non o sabiamos! O lugar xa tiña un potente magnetismo que nos atraía como as flores ás abellas e nos facía camiñar todo o tramo dende a aldea ata chegar alí fascinados pola paisaxe, se chegamos a saber do castro, ¡a ver como nos sacaban dalí!

Á altura de onde vai camiñando o Pancho, albíscanse as pedras do recheo do camiño.

chirlateira7

Na seguinte foto, as pedras con algo máis de detalle.

chirlateira8

Era, para nós, este lugar máxico. Ese nome tan evocador que nos facía bulir o maxín; ese perigo que tiña o pasar tan cerca dos cantís, o emocionante que era ir alí sen que souberan nada na casa pola que nos puidera caer (que ó final sempre caía jajaja). Era toda unha aventura chegar á mesma punta da Punta Chirlateira.

chirlateira9

pasadizo10