Baixando ó Puxigho.

O Puxigho é un peirao do lado da ría de Cedeira.  Teño ido de nena cos veciños pero, ainda que disfrutabamos moito alí abaixo, non era o sitio que máis frecuentábamos polo mal acceso que tiña xa por aquel entón.
A última vez que estiven alí foi hai case 5 anos e, aquel día xurei que non voltaría nunca mais, tal fora o sufrimento da baixada e subida. Pero o lugar tírame moito e, con velo en foto non chega. Cada vez que vou de paseo pola Chirlateira e escoito as voces de algúns rapaces que baixan a pescar alí penso ¿Se eles baixan por qué eu non?.

Así que hoxe, deixei ó can na casa para poder chegar ó Puxigho.

Polo camiño arrecendía moi ben, era polas queirogas que espallaban o seu cheiro.

DSCF8992

O camiño estaba, no seu primeiro tramo, complicado, como o lembraba, pero cando cheguei abaixo vin, que se había cinco anos a baixada xa non era fácil, a día de hoxe pintaba aínda bastante peor.

DSCF9008

Vin que alguén fixera unha escada, pero non parecía xa moi segura. En fin, pois a agarrarse á corda máis gorda e baixar como se poda.

DSCF9009

¡E ó fin no peirao! A forma da rocha mais alta sempre me fascinou. O peirao ofrece unha paisaxe que me encanta.

DSCF9016

Estou na ría. Podo ver o porto e parte da Vila.

DSCF9019

Paseo polo peirao e vexo un furado que alguén fixo nunha das rochas. ¿Para facer un amarre?

DSCF9028

Os coios erosioanados polo mar son fermosos.

DSCF9032

DSCF9033

O caravel mariño, a herba namoradeira de San Andrés, medra directamente na rocha.

DSCF9031

Mentres paseo entre as rochas, penso que non vou deixar pasar outros 5 anos para voltar.

DSCF9041

DSCF9045

DSCF9047

DSCF9058

DSCF9059

DSCF9065

DSCF9075

DSCF9101

DSCF9105

E vai chegando a hora de marchar. Según me vou achegando á ribeira e á corda dáme a risa, pensando se poderei co meu cú para subir por alí. Non é para moitas risas, porque se na subida soltas a corda, a caída de costas pode ser moi fastidiada, pero agárrome ben e consigo subir.

DSCF9012

Non é este paseo no que mais distancia teño que percorrer, pero cando chego arriba vou suando . Antes de voltar á estrada, dou unha volta pola fraga da ribeira.

DSCF9135

E tiro unha foto cun marco bravo que puxeron nun monte e mide aproximadamente 1’30 m.

DSCF9157

Logo chego á estrada, xusto a tempo, porque comeza a chover.
Está moi ben, así non teño que regar as espinacas que sementei onte.

Advertisements

O Peirao da Xebra.

O Peirao da Xebra, ven sinalado nos mapas como a praia de Graxal. Non hai moitos anos que me enterei diso, para nós sempre foi o Peirao da Xebra así que eu sigo a chamarlle así.
Cando era nena podía baixar sen moito problema. O camiño, se ben non era o máis azoso do mundo, non entrañaba demasiados perigos, pero, co paso dos anos e o desgaste da costa, aquel camiño prácticamente desapareceu, e hoxe en día baixar xa non é cousa doada.

1

Iníciase a baixada atravesando uns espiños que hai no cimal. No verán atoparemos fácilmente unha nube de insectos a rebulir.

xebra2

xebra3

Pancho, que acostuma a acompañarme nos meus paseos, non pode baixar ó peirao.

xebra4

O camiño polo que se chega á praia de coios é algo complicado, baixando polos cantís.

xebra5

Difícil baixada, pero merece a pena para poder desfrutar do peirao.

xebra6

xebra7

A pequena praia está rodeada de outos cantís.

xebra8

Se logramos chegar abaixo desfrutaremos dunha cala recollida e protexida do vento. Con temperaturas agradables coa mínima raiola de sol que se asome, incluso no inverno.

xebra9
Hai que ter coidado ó meterse na auga coas pedras do fondo.

xebra10

Cando baixaba sendo unha nena, entretíñame un bó anaco curioseando nos refugallos que o mar deita nos coios da beira, ilusionada con atopar algo que chegara de moi lonxe, e ás veces atopábao; un chisqueiro promocional dun bar estranxeiro, ou cousas así. Agora fíxome mais en cousas erosionadas polo mar que me resultan moi feitiñas, como este pedazo dunha boia.

xebra11

Lembro cando baixábamos con algún veciño que ía de pesca. Era pasar alí todo o día, coa tortilla e todo o lote.
¡E veña a desfrutar do mar!

xebra13

xebra14

xebra15

xebra16

xebra17

xebra18

xebra19

E cando se nos fai hora de voltar, só nos queda desfacer o camiño de baixada. Agarrados ás cordas penduradas polo cantíl, voltamos a subir.

xebra20

¡E ata outro día!

xebra21